lunes, 22 de octubre de 2012

DOCUMENTACIÓN


Como síntese das diferentes definicións de Documentación poderíamos dicir que é unha disciplina que se encarga de tres tarefas básicas relacionadas cos documentos que conteñen información diversa. Estas tres tarefas básicas son a recolección, o almacenamento e a recuperación de dita masa documental.
De cada un dos tres momentos da documentación poderíamos extraer diversas características:
No momento da recolección o soporte no que a información está recollida así como o produtor da mesma e outros atributos relacionados son características determinantes.
No proceso de almacenamento da documentación importa tamén o medio no que se recollen os documentos así como que fai dita clasificación e os criterios baixo os cales efectúa ese tarefa arquivística.
Xa no último momento, aquel que corresponde ao momento de recuperación, resulta relevante a rapidez de recuperación, o xeito no que foi efectuado o almacenamento e/ou os motivos polos que dito almacenamento foi realizado.
En tódalas definicións aparece unha referencia constante a documentación como medio, método, procedemento, ferramenta, técnica e como fin a un tempo, entendendo esta como ciencia en si mesma, como disciplina e obxecto de estudio alén da súa utilidade. Nace a beira do crecemento científico e nas orixes deste impúlsao, non só colabora ao seu desenrolo senón que é grazas as tarefas e técnicas de documentación que este medra mais sistematizado e dun xeito mais estable.
Aínda que a súa instauración como  ciencia débeselle a Paul Otlet e Henri La Fontaine no 1895 no xermolo das actuais e inmensas bases de datos informatizadas atópase os antigos arquivos bibliográficos, as vellas tarefas de catalogación manual e manuscrita. Entre as novas características que aportaron os novos soportes informáticos atópase basicamente a mesma idea que no seu día perseguiron Otlet e La Fontaine. A meirande dificultade dos novos centros de documentación informatizada reside na súa inmensidade exponencial, o acceso multidireccional e multisoporte así como a autoridade dos textos.
Coido que no momento actual non só a relación entre xornalista e documentalista se pode atopar difusa ou case desaparecida senón que as tarefas de ambos atópanse dalgún xeito solapadas. O Xornalista de novos medios está sometido a cubrir multitude de tarefas. O ciberxoranlismo podería entenderse como un “híbrido profesional” entre un xornalista-informático básico-documentalista –editor-creador e de seguro que se nos queda algún outra etiqueta entre liñas.  Puntos a favor e en contra da que leva polo de agora o ambiguo mérito de ser a última gran creación do progreso humano.  Do que non cabe dúbida é de que dalgún xeito a web e esa gran cidade e esa gran familia que Otlet e La Fontaine utopicamente pretendían. Esa grandísima biblioteca poderíamos dicir sen medo a errar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario