Como síntese das diferentes definicións de
Documentación poderíamos dicir que é unha disciplina que se encarga de tres
tarefas básicas relacionadas cos documentos que conteñen información diversa.
Estas tres tarefas básicas son a recolección, o almacenamento e a recuperación
de dita masa documental.
De cada un dos tres momentos da documentación
poderíamos extraer diversas características:
No momento da recolección o soporte no que a
información está recollida así como o produtor da mesma e outros atributos
relacionados son características determinantes.
No proceso de almacenamento da documentación
importa tamén o medio no que se recollen os documentos así como que fai dita
clasificación e os criterios baixo os cales efectúa ese tarefa arquivística.
Xa no último momento, aquel que corresponde ao
momento de recuperación, resulta relevante a rapidez de recuperación, o xeito
no que foi efectuado o almacenamento e/ou os motivos polos que dito
almacenamento foi realizado.
En tódalas definicións aparece unha referencia
constante a documentación como medio, método, procedemento, ferramenta, técnica
e como fin a un tempo, entendendo esta como ciencia en si mesma, como
disciplina e obxecto de estudio alén da súa utilidade. Nace a beira do
crecemento científico e nas orixes deste impúlsao, non só colabora ao seu
desenrolo senón que é grazas as tarefas e técnicas de documentación que este
medra mais sistematizado e dun xeito mais estable.
Aínda que a súa instauración como ciencia débeselle a Paul Otlet e Henri La Fontaine
no 1895 no xermolo das actuais e inmensas bases de datos informatizadas atópase
os antigos arquivos bibliográficos, as vellas tarefas de catalogación manual e
manuscrita. Entre as novas características que aportaron os novos soportes
informáticos atópase basicamente a mesma idea que no seu día perseguiron Otlet
e La Fontaine. A meirande dificultade dos novos centros de documentación informatizada
reside na súa inmensidade exponencial, o acceso multidireccional e multisoporte
así como a autoridade dos textos.
Coido que no momento actual non só a relación
entre xornalista e documentalista se pode atopar difusa ou case desaparecida
senón que as tarefas de ambos atópanse dalgún xeito solapadas. O Xornalista de
novos medios está sometido a cubrir multitude de tarefas. O ciberxoranlismo
podería entenderse como un “híbrido profesional” entre un
xornalista-informático básico-documentalista –editor-creador e de seguro que se
nos queda algún outra etiqueta entre liñas.
Puntos a favor e en contra da que leva polo de agora o ambiguo mérito de
ser a última gran creación do progreso humano.
Do que non cabe dúbida é de que dalgún xeito a web e esa gran cidade e
esa gran familia que Otlet e La Fontaine utopicamente pretendían. Esa
grandísima biblioteca poderíamos dicir sen medo a errar.