A PÁXINA EN BRANCO
Repetida obsesión,
estar aí e observar esa brancura case impoluta
e rompela
por necesidade visceral
ou por imposición.
Hoxe será un escrito imposto.
Hoxe será un escrito imposto.
A primeira entrada debería estar relacionada con documentación, coa definición do termo ou coa súa orixe, con como esta palabra se foi desenvolvendo ao longo do tempo.
Pero non, esta primeira entrada vai estar relacionada con dúas palabras que se contrapoñen e nesa oposición se equilibran:
INFOXICACIÓN e ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL.
Para que a primeira non surta o seu efecto negativo precisamos da segunda.
Infoxicación aparece en moitos casos relacionada con sobrecarga informativa, para iso non temos mais que lanzar un búsqueda en internet. Nesa búsqueda xa aparece un libro e un autor que nos obriga ou debería obrigarnos a un parada na biblioteca. Alvin Toffler Future Shock.
A segunda deste par, alfabetización informacional, lévanos segundo a definición de wikipedia a enlazala coas oito competencias básicas que se lle supoñon a todo estudante ao seu remate da ESO.
Aquí o deixo, entre mais preguntas que respostas. Cun libro suxerente agardando unha visita e cunhas competencias que se nos supoñen e que imaxino que moitos, igual ca min, descoñecen.
Sen dúbida, o concepto de documentación terá que agardar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario